Proxecto de decreto polo que se regula a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e se aproban os seus estatutos
Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Departamento: Consellería do Medio Rural - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Inicio da tramitación: 10/02/2022
Obxecto: o obxecto deste decreto é regular:
- A adaptación das normas reguladoras do ente de dereito público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, para as axencias públicas autonómicas, mediante a aprobación dos estatutos que forman parte deste decreto como anexo.
- A constitución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural como axencia pública autonómica.
- A adscrición de órganos e unidades administrativas da Consellería do Medio Rural á axencia pública autonómica Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 02/12/2022