Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento para o recoñecemento, modificación e perda da condición de entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e se crea e regula o seu Rexistro
Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Departamento: Consellería do Medio Rural - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Inicio da tramitación: 19/05/2023
Obxecto: O obxecto deste decreto é:
- Regular o procedemento para o recoñecemento da condición de entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a modificación e a perda da devandita condición.
- Crear e regular o Rexistro de entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 27/09/2023