Decreto 61/2019, do 23 de maio, polo que se regulan a composición e as funcións da Comisión Interdepartamental en Materia de Educación e Saúde
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Saúde Pública
Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública
Inicio da tramitación: 06/11/2018
Data da publicación no DOG: 11/06/2019
Obxecto: a Lei 1/2018, do 2 de abril, pola que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, engade un novo título XI a esta para crear a Comisión Interdepartamental en Materia de Educación e Saúde.
Este órgano estudará os problemas de saúde relevantes e a súa incidencia no ámbito educativo, e realizará as propostas de actuación que estime necesarias para acadar unha maior eficiencia na promoción da saúde no ámbito educativo. O funcionamento desta comisión responderá aos principios de eficacia, eficiencia e participación.
O obxectivo deste proxecto é a coordinación da actuación entre as consellerías competentes en materia de sanidade e educación no desenvolvemento de iniciativas de promoción, protección e educación para a saúde. Así, establécense a composición e as funcións da Comisión.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG