Lei 3/2019, do 2 de xullo, de ordenación farmacéutica de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral

Departamento: Consellería de Sanidade

Inicio da tramitación: 28/12/2017

Data da publicación no DOG: 10/07/2019

Obxecto: é a regulación da atención farmacéutica en Galicia, entendida como un servizo de interese público que comprende un conxunto de actuacións que deben prestarse en tódolos niveles do noso sistema sanitario, dirixidas a garantirlle á cidadanía o acceso rápido, eficaz, oportuno, equitativo e racional aos medicamentos e produtos sanitarios que precise. Un servizo que ademais contribúa a facer un uso racional e eficiente deles nos distintos niveis de asistencia sanitaria e no ámbito da saúde pública, que sempre deberá ser prestado baixo a responsabilidade e supervisión dos/das profesionais farmacéuticos/as, en relación coa adquisición, custodia, conservación, distribución e dispensación de medicamentos e produtos sanitarios.

Realízase desde unha perspectiva ampla, integradora dos diferentes sectores que levan a cabo a distribución e dispensación de medicamentos e produtos sanitarios. Por tal motivo, esta lei regula a atención farmacéutica prestada a través das oficinas de farmacia e boticas anexas, así como a prestada a nivel de atención primaria e  especializada, a través dos servizos farmacéuticos nos centros de atención primaria e dos servizos de farmacia dos hospitais e nas entidades prestadoras de servizos sociais e outros centros sanitarios. Perseguindo, en todo caso, unha actuación coordinada dos distintos niveis, para ofrecerlle á cidadanía unha atención farmacéutica integral.

Estas razóns motivan a necesidade e oportunidade de promulgar unha nova lei máis acorde cos novos tempos, para o cal se contemplan distintas novidades respecto da regulación da que agora dispoñemos.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 57