Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 07/09/2017

Data da publicación no DOG: 05/07/2019

Obxecto: o proxecto de Orde pola que se regulan os accesos ás estradas de Galicia e nas súas vías de servizo ten como obxecto acadar unha regulación completa na materia, tanto nos seus aspectos técnicos como de procedemento, desenvolvendo os preceptos que, neste sentido, xa se recollen na Lei 8/2013, do 8 de xuño, de Estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Estradas de Galicia.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1