Decreto 70/2019, do 27 de xuño, polo que se integra no Servizo Galego de Saúde a Unidade de Diagnóstico por Imaxe, na parte correspondente á unidade económica asociada á actividade de resonancia fixa dependente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Órgano ou entidade tramitadora: Xerencia do Servizo Galego de Saúde

Departamento: Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Inicio da tramitación: 31/05/2019

Data da publicación no DOG: 28/06/2019

Obxecto: a integración no Servizo Galego de Saúde de todas as funcións, servizos e medios materiais e persoais afectos á unidade de diagnóstico por imaxe, na parte correspondente á unidade económica asociada á actividade asistencial de resonancia fixa, titularidade de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, SA.

O Servizo Galego de Saúde queda subrogado en todos os dereitos e obrigas que teñen a súa orixe nesa unidade, e na totalidade das relacións laborais do persoal de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, SA que presta servizos nela, de conformidade co que establece a disposición adicional terceira da Lei 12/2014, do 22 de decembro.

Este decreto foi tratado cos órganos de representación do persoal afectado e negociado na Mesa Sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG