Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: persoa titular da consellería da Xunta de Galicia competente en materia de ambiente
- Vicepresidente/a: persoa titular da dirección xeral da Xunta de Galicia competente en materia de calidade ambiental, sostibilidade e cambio climático, que desempeñará as funcións atribuídas á presidencia nos casos de ausencia, vacante, enfermidade, así coma nos casos en que se teña declarado a súa abstención ou recusación
- Secretario/a: persoa titular da dependencia administrativa que determine o decreto de estrutura da consellería da Xunta de Galicia competente en materia de ambiente
- Vogais
- En representación da Xunta de Galicia: persoas titulares dos órganos superiores ou de dirección das consellerías ou, de ser o caso, dos órganos de goberno ou dirección das entidades instrumentais do sector público autonómico con competencias en cada unha das seguintes áreas:
- Relacións exteriores e coa Unión Europea
- Ordenación do territorio e urbanismo
- Calidade ambiental
- Paisaxe
- Conservación da natureza
- Augas
- Industria
- Saúde pública
- Política social
- Medio rural
- Mar
- Educación
- Traballo
- En representación da sociedade civil:
- Un/unha representante de cada un dos sindicatos presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas
- Tres representantes da Confederación de Empresarios de Galicia
- Catro representantes de organizacións de carácter ambiental
- Un/unha representante do Consello da Xuventude
- Un/unha representante da Sociedade Galega de Educación Ambiental
- Un/unha representante da Confederación Galega de Veciños
- Un/unha representante do Consello Galego de Consumidores e Usuarios
- Un/unha representante da Universidade de Santiago de Compostela
- Un/unha representante da Universidade de Vigo
- Un/unha representante da Universidade da Coruña
- Catro representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias
- Tres representantes das organizacións profesionais agrarias máis representativas de Galicia
- Un/unha representante da Federación Galega de Confrarías de Pescadores
- En representación da Xunta de Galicia: persoas titulares dos órganos superiores ou de dirección das consellerías ou, de ser o caso, dos órganos de goberno ou dirección das entidades instrumentais do sector público autonómico con competencias en cada unha das seguintes áreas: