CONSELLERÍA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

Delegación de competencias

Neste apartado publícanse as delegacións de competencias vixentes deste departamento, dando cumprimento ao disposto no artigo 7. c) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. As delegacións de competencias contribúen á axilización da tramitación administrativa dos asuntos que se lle atribúen mediante esta fórmula xurídica.

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

  • Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería. Consultar aquí

Axencia Galega de Infraestruturas

  • Resolución do 7 de setembro de 2017 pola que se delega o exercicio de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Consultar aquí
  • Resolución do 7 de setembro de 2017 pola que se delega o exercicio de competencias na Dirección da Axencia e na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Consultar aquí
  • Resolución do 16 de decembro de 2014, da Presidencia da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se delega o exercicio de competencias na Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas. Consultar aquí
  • Resolución do 23 de xaneiro de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello Reitor desta axencia, do 14 de outubro de 2013, polo que se aproba a delegación de competencias en materia de resolución de expedientes sancionadores por infraccións tipificadas como moi graves na normativa reguladora de estradas. Consultar aquí
  • Orde do 4 de febreiro de 2013 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e na Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas. Consultar aquí
  • Resolución do 9 de maio de 2012, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se delega o exercicio de determinadas facultades nas persoas titulares dos servizos provinciais da Axencia. Consultar aquí

 

Data de actualización: 14/06/2024
Frecuencia de actualización: continua