Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular da consellería que teña atribuídas as competencias en materia de ambiente
- Vicepresidente/a primeiro/a: correspóndelle a Vicepresidencia Primeira do Consello á persoa titular da dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de calidade do aire
- Vicepresidente/a segundo/a: correspóndelle a Vicepresidencia Segunda do Consello á persoa titular da dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de saúde pública
- Secretario/a: a persoa titular da Secretaría será a que ocupe a subdirección xeral que teña atribuídas as competencias ou funcións en materia de calidade do aire, que actuará con voz pero sen voto
- Vogais:
- As persoas con rango de secretario/a xeral, director/a xeral ou equivalente, designadas polas persoas titulares das consellerías competentes nas materias que se indican a continuación, ou pola Secretaría Xeral da Presidencia cando as referidas materias sexan competencia dos órganos superiores e de dirección no ámbito da Presidencia, e poderanse nomear as persoas que as substitúan
- Administración local
- Calidade ambiental
- Patrimonio natural
- Medio rural
- Mobilidade
- Xestión de emerxencias
- Industria
- Ordenación do territorio e urbanismo
- Unha persoa representante dos concellos galegos de máis de 50.000 habitantes
- Unha persoa representante dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes
- Tres persoas representantes das universidades galegas, un/unha vogal por cada universidade, expertas en materia de calidade do aire
- Dúas persoas representantes de organizacións de carácter ambiental, seleccionadas entre as entidades inscritas no rexistro regulado polo Decreto 226/2007, do 22 de novembro, polo que se crea o Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o procedemento que se habilite
- Unha persoa representante da Confederación de Empresarios de Galicia