Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de igualdade
- Vicepresidente/a: unha persoa en representación das asociacións, organizacións e colectivos LGTBI e doutras entidades relacionadas coa defensa dos dereitos das persoas LGTBI con presenza no Observatorio
- Secretario/a: unha persoa funcionaria que preste servizos no órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de igualdade
- Vogais:
- A persoa titular da Delegación do Goberno en Galicia ou persoa en quen delegue
- Unha persoa en representación do Consello Galego de Relacións Laborais
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de emprego
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de política social
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de sanidade
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de educación
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de cultura
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de deporte
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de xuventude
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de medios de comunicación
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de xustiza
- Unha persoa en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
- Unha persoa en representación de cada unha das tres universidades galegas
- Unha persoa en representación de cada unha das organizacións sindicais intersectoriais máis representativas de Galicia, así como das presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas que non teñan a condición de máis representativas
- Un número de persoas equivalente ao de representantes sindicais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
- Unha persoa en representación de cada unha das asociacións, organizacións e colectivos LGTBI e outras entidades relacionadas coa defensa dos dereitos das persoas LGTBI, que así o soliciten e sexan designadas como entidades con representación no Observatorio