A Presidencia da Xunta

Consello Galego de Estatística

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da consellería de adscrición do Instituto galego de Estatística.
  • Vicepresidente: a persoa titular da Dirección do Instituto Galego de Estatística.
  • Secretario/a: unha persoa membro do propio órgano ou unha persoa funcionaria do Instituto Galego de Estatística.
  • Vogais:
    • unha persoa en representación da Presidencia da Xunta de Galicia e unha persoa en representación de cada consellaría, por proposta da persoa titular do órgano
    • as titulares da Secretaría Xeral e das subdireccións xerais do Instituto Galego de Estatística.
    • unha designada polo Consello Galego de Cámaras.
    • tres designadas pola asociación empresarial intersectorial máis representativa de Galicia.
    • unha designada por cada unha das tres organizacións sindicais intersectoriais máis representativas de Galicia.
    • unha designada polo Consello Agrario Galego.
    • unha designada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
    • unha designada polo Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
    • dúas designadas pola Federación Galega de Municipios e Provincias.
    • unha designada por cada universidade pública de Galicia.
    • oito de relevancia profesional no campo da estatística, designadas pola persoa titular da Presidencia.
    • unha designada por cada grupo parlamentario con presenza no Parlamento de Galicia.
    • a titular da Presidencia da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións.
    • dúas en representación da Administración xeral do Estado; unha designada polo Instituto Nacional de Estatística e outra pola Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de actualización: 19/01/2026