Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Consellería de Sanidade
Ten dispoñibles para consulta 9 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 21/05/2026 | Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 148/2023, do 23 de novembro, polo que se regula o Programa galego para a detección precoz de enfermidades xenéticas, endócrinas e metabólicas en período neonatal e se crea o Comité asesor do programa
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 12/05/2026 | Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se regula a sinalización das prohibicións establecidas na Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas
Inicio da tramitación: 21/03/2026 | Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de presentación e tramitación de suxestións, queixas e agradecementos no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia e no das entidades instrumentais vinculadas ou dependentes da Consellería de Sanidade
Recibíronse 4 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 26/12/2025 | Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se crea e regula o Rexistro galego de persoas centenarias
Inicio da tramitación: 30/06/2025 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se crea a categoría estatutaria de persoal investigador do Servizo Galego de Saúde
Inicio da tramitación: 18/11/2024 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se modifican os estatutos da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde aprobados polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo
Inicio da tramitación: 18/10/2024 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se crea e regula o Rexistro de profesionais sanitarias/os obxectoras/es de conciencia para a realización da prestación de axuda para morrer e se modifica o Decreto 101/2021, do 8 de xullo, polo que se crea a Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia da Comunidade Autónoma de Galicia
Inicio da tramitación: 04/07/2024 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se regulan as condicións, requisitos e sistemas de control aplicables aos supostos especiais de entrega de medicamentos e produtos sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia
Recibíronse 17 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 09/02/2022 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se regulan as categorías estatutarias do Servizo Galego de Saúde no ámbito da biblioteconomía e documentación