Proxecto de decreto polo que se regulan as categorías estatutarias do Servizo Galego de Saúde no ámbito da biblioteconomía e documentación
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico Xurídico I)
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 09/02/2022
Obxecto: este decreto ten por obxecto regular as categorías estatutarias, do ámbito da biblioteconomía e documentación, do Servizo Galego de Saúde, coa creación dunha nova categoría nese ámbito, ao tempo que se conteñen previsións sobre o seu réxime xurídico, réxime de acceso, funcións e dotación de cadro de persoal.
A regulación contida neste decreto resulta de aplicación ao persoal estatutario das devanditas categorías que preste servizos no Servizo Galego de Saúde e nas entidades públicas instrumentais adscritas á consellería con competencias en materia de sanidade e ao devandito organismo.
Estado actual: pendente de aprobación