Proxecto de decreto polo que se modifican os estatutos da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde aprobados polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 18/11/2024

Obxecto:

este decreto ten por obxecto modificar os estatutos da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a creación de dúas novas áreas dentro da súa estrutura orgánica: a Área de Asesoramento Científico-Técnico (Avalia-t) e a Área de Xestión e Servizos Xerais, as cales veñen a substituír, respectivamente, á antiga Unidade de Asesoramento Científico-técnico (con nivel de servizo) e ao Servizo de Xestión.

Así, a axencia pasaría a estruturarse internamente en cinco áreas:

  • Área de Xestión do Coñecemento e Talento
  • Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria
  • Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria
  • Área de Asesoramento Científico-Técnico (Avalia-t)
  • Área de Xestión e Servizos Xerais

Estado actual: Pendente de aprobación