Pendente de aprobación
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Inicio da tramitación: 12/04/2022 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Universidades
Proxecto de decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2022/23
Inicio da tramitación: 14/03/2022 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se establece a creación e o marco normativo regulador das actividades da Escola Galega de Saúde Pública
Inicio da tramitación: 07/03/2022 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Proxecto de decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia
Inicio da tramitación: 28/02/2022 | Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio
Proxecto de orde pola que se regula o pago mediante transferencia bancaria e xiro postal de débedas cuxa xestión recadatoria ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia
Inicio da tramitación: 23/02/2022 | Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores
Recibíronse 12 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 09/02/2022 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se regulan as categorías estatutarias do Servizo Galego de Saúde no ámbito da biblioteconomía e documentación
Inicio da tramitación: 09/02/2022 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se crea a categoría estatutaria de dietista-nutricionista do Servizo Galego de Saúde
Inicio da tramitación: 05/02/2022 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Proxecto de decreto polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia
Recibíronse 3 suxestións para esta norma Inicio da tramitación: 24/01/2022 | Medio Rural - Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Proxecto de orde pola que se establecen normas en relación coa comercialización dos produtos ecolóxicos
Inicio da tramitación: 21/01/2022 | Medio Rural - Axencia Galega da Calidade Alimentaria