Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Ten dispoñibles para consulta 122 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 31/07/2025 | Medio Rural - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de decreto polo que se aproba o Estatuto das mulleres do rural de Galicia

Recibíronse 6 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 31/07/2025 | Mar - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de decreto polo que se regula o Estatuto das Mulleres do sector marítimo-pesqueiro de Galicia

Recibíronse 4 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 26/06/2025 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Proxecto de decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia

Recibíronse 126 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 10/06/2025 | Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Xustiza

Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Recibíronse 3 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 30/05/2025 | Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura

Proxecto de decreto polo que se regula a creación da rede de dinamización da cultura no rural de Galicia, Rede Adival, e se regula o seu funcionamento

Recibíronse 3 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 06/05/2025 | Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de orde pola que se establece e se habilita na sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento de solicitude do certificado de familia monoparental (código de procedemento BSXXX)

Recibíronse 5 suxestións para esta norma