Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos ciclos formativos de Grao Medio na comunidade autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Formación Profesional

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Dirección Xeral de Formación Profesional

Inicio da tramitación: 24/03/2026

Obxecto:
  • Establecer e desenvolver os currículos dos ciclos formativos de grao medio da oferta de grao D do Sistema de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento do previsto no Decreto 20/2026, do 9 de marzo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, concretando os elementos curriculares e organizativos atribuídos á Comunidade Autónoma no marco da normativa básica estatal.
  • Determinar os elementos curriculares necesarios para a implantación e o desenvolvemento dos ciclos formativos de grao medio, incluídos os módulos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, a distribución horaria dos módulos profesionais e os demais aspectos previstos na normativa de aplicación.
  • Regular os aspectos organizativos asociados ao desenvolvemento destas ensinanzas, incluídos os espazos e equipamentos, as especialidades e habilitacións do profesorado e aqueles outros elementos necesarios para a súa impartición nos centros do Sistema de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

     

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 22/07/2026

Suxestións recibidas: 2