Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 121 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 25/02/2026 | Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Proxecto de orde pola que se desenvolven as condicións e os criterios de igualdade para a obtención da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade
Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 19/02/2026 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
Proxecto de decreto polo que se crea e regula o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
Inicio da tramitación: 23/01/2026 | Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Proxecto de orde pola que se regulan os elementos de material escolar e os límites aplicables para os efectos da aplicación da dedución fiscal no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas pola súa adquisición no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 26/12/2025 | Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se crea e regula o Rexistro galego de persoas centenarias
Inicio da tramitación: 05/11/2025 | Medio Rural - Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria
Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro das entidades de control e certificación dos produtos alimenticios de Galicia
Inicio da tramitación: 08/10/2025 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Proxecto de orde pola que se declara como espazo privado de interese natural o lugar denominado Macizo rochoso do Galiñeiro (Concello de Gondomar) e se aproban as súas Normas de xestión e de conservación
Inicio da tramitación: 23/09/2025 | Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Secretaría Xeral da Lingua
Proxecto de decreto polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego, e viceversa
Recibíronse 8 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 17/09/2025 | Facenda e Administración Pública - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais
Inicio da tramitación: 03/09/2025 | Consellería de Política Social e Igualdade - Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
Anteproxecto de lei de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital de Galicia
Recibíronse 4 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 31/07/2025 | Medio Rural - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de decreto polo que se aproba o Estatuto das mulleres do rural de Galicia
Recibíronse 6 suxestións para esta norma