Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Consellería de Emprego e Igualdade
Ten dispoñibles para consulta 3 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 18/02/2022 | Emprego e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia
Recibíronse 7 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 02/08/2021 | Emprego e Igualdade - Dirección Xeral de Formación e Colocación
Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos (código de procedemento TR301R)
Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 29/12/2020 | Emprego e Igualdade - Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción en Galicia e o seu rexistro administrativo
Recibiuse 1 suxestión para esta norma