Proxecto de lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica Consellería Promoción Emprego e Igualdade

Departamento: Consellería de Emprego e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 18/02/2022

Obxecto: a norma pretende constituír un instrumento legal que reforce o compromiso da Comunidade Autónoma de Galicia na eliminación da discriminación entre mulleres e homes e na promoción da igualdade de xénero, coherente coa normativa estatal de carácter básico así como con outras normas de ámbito autonómico.

Para iso, é necesario actualizar as disposicións anteriormente vixentes para dotar á comunidade autónoma dunha regulación máis completa e adaptada ás grandes transformacións que a sociedade ten vivido nas últimas décadas, sobre todo no relativo á posición que mulleres e homes ocupan nela, e que permita definir un novo marco legal que sirva de instrumento integral para dar novas respostas no camiño cara a igualdade efectiva.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 12/08/2022

Suxestións recibidas: 7