Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos (código de procedemento TR301R)
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Formación e Colocación
Departamento: Consellería de Emprego e Igualdade - Dirección Xeral de Formación e Colocación
Inicio da tramitación: 02/08/2021
Obxecto: a presente orde ten por obxecto regular, no ámbito da formación profesional para o emprego, o procedemento de solicitude e autorización a seguir para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos do sistema de formación para o emprego no ámbito laboral conducentes á obtención de certificados de profesionalidade ou, no seu caso, competencias clave que permitan o acceso á formación dos devanditos certificados.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 12/11/2021
Suxestións recibidas: 2