Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción en Galicia e o seu rexistro administrativo

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Departamento: Consellería de Emprego e Igualdade - Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Inicio da tramitación: 29/12/2020

Obxecto: o obxecto da disposición é regular o procedemento de cualificación das empresas de inserción na Comunidade Autónoma de Galicia; establecer a organización e o funcionamento do Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción en Galicia e determinar o procedemento para incorporar as persoas afectadas polas situacións de exclusión social ás empresas de inserción e realizar o seu seguimento.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 03/04/2021

Suxestións recibidas: 1