Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Para facilitarlle o seguimento das últimas normativas tramitadas polos centros directivos ou entidades dependentes dos departamentos da Xunta de Galicia recóllense neste espazo aquelas disposicións que foron xa aprobadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia dentro dos últimos catro anos, contado desde a data de publicación da norma no DOG. As persoas interesadas en ter información das normas que teñan un tempo de publicación superior, poden facer dita consulta no buscador do propio diario
Ten dispoñibles para consulta 632 normativas en tramitación:
Data de publicación no DOG: 29/08/2017 | Economía, Emprego e Industria - Secretaría Xeral Técnica
Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos
Data de publicación no DOG: 18/08/2017 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Orde do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Data de publicación no DOG: 14/08/2017 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Decreto 80/2017, do 15 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Atletismo
Data de publicación no DOG: 07/08/2017 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Decreto 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos
Data de publicación no DOG: 01/08/2017 | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Secretaría Xeral da Igualdade
Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia
Data de publicación no DOG: 31/07/2017 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Decreto 69/2017, do 24 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Organización e Control de Obras de Construción
Data de publicación no DOG: 28/07/2017 | Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Decreto 68/2017, do 13 de xullo, polo que se modifica o Decreto 104/2016, do 28 de xullo, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Data de publicación no DOG: 14/07/2017 | Facenda - Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos
Lei 3/2017, do 13 de xullo, de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social e de modificación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017
Data de publicación no DOG: 14/07/2017 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Secretaría Xeral de Universidades
Decreto 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18
Data de publicación no DOG: 30/06/2017 | Medio Rural - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 23 de xuño de 2017 pola que se aproba o Regulamento das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia/Vaca y Buey de Galicia e do seu consello regulador común e se nomea o consello regulador provisorio