Decreto 68/2017, do 13 de xullo, polo que se modifica o Decreto 104/2016, do 28 de xullo, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 16/02/2017

Data da publicación no DOG: 28/07/2017

Obxecto: O obxecto do proxecto de decreto é a modificación do Decreto 104/2016, do 28 de xullo, polo que se crea o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica.

A modificación ten a súa causa na garantía do principio de transversalidade coa incorporación na súa composición dun representante do Consello Económico e Social de Galicia e unha persoa en representación de cada un dos grupos parlamentarios constituídos ao inicio de cada lexislatura.

Así mesmo, coa modificación revísase a designación do cargo da vicepresidencia, da secretaría do órgano e das vogalías.

Por último establecese a maioría cualificada de 3/5 das persoas membros do observatorio para a adopción dos seus acordos.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG