Órgano ou entidade tramitadora:
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Departamento:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Inicio da tramitación: 23/05/2016
Data da publicación no DOG: 07/08/2017
Obxecto:
Este decreto ten por obxecto establecer os currículos que serán de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional básica relativas aos títulos establecidos no Real decreto 774/2015, do 28 de agosto, polo que se establecen seis títulos de formación profesional básica do catálogo de títulos das ensinanzas de formación profesional.
Os currículos de formación profesional básica que se establecen son os que se relacionan a seguir: título profesional básico en Actividades de Panadaría e Pastelaría, en Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios, en Mantemento de Vivendas, en Fabricación de Elementos Metálicos, en Instalacións Electrotécnicas e Mecánica e en Mantemento de Embarcacións Deportivas e de Recreo.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG