Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Para facilitarlle o seguimento das últimas normativas tramitadas polos centros directivos ou entidades dependentes dos departamentos da Xunta de Galicia recóllense neste espazo aquelas disposicións que foron xa aprobadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia dentro dos últimos catro anos, contado desde a data de publicación da norma no DOG. As persoas interesadas en ter información das normas que teñan un tempo de publicación superior, poden facer dita consulta no buscador do propio diario
Ten dispoñibles para consulta 632 normativas en tramitación:
Data de publicación no DOG: 25/10/2021 | Mar - Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 11 de outubro de 2021 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e se clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia
Data de publicación no DOG: 11/10/2021 | Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Decreto 133/2021, do 23 de setembro, polo que se crea o Rexistro de Empresas Instaladoras de Fontanaría de Galicia e o Rexistro de Instalacións Interiores de Subministración de Auga de Galicia
Data de publicación no DOG: 20/09/2021 | A Presidencia da Xunta - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais
Data de publicación no DOG: 18/08/2021 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se regula o procedemento e se aproba e dá publicidade ao modelo de solicitude do informe preceptivo que deben acadar as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social que pretenden concertar cun centro privado os seus servizos sanitarios e recuperadores (código de procedemento SA103B)
Data de publicación no DOG: 11/08/2021 | Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 2 de agosto de 2021 pola que se habilitan determinados colectivos desta consellería para o emprego do certificado dixital de pseudónimo na Administración autonómica galega
Data de publicación no DOG: 30/07/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se desenvolven determinados aspectos da ordenación académica nas modalidades deportivas de ensinanzas de réxime especial implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Data de publicación no DOG: 30/07/2021 | Facenda e Administración Pública
Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se desenvolve a disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522U)
Data de publicación no DOG: 15/07/2021 | Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública
Orde do 9 de xullo de 2021 pola que se regula e se inicia o procedemento para a acreditación das/dos enfermeiras/os para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano
Recibíronse 9 suxestións para esta norma
Data de publicación no DOG: 13/07/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Universidades
Decreto 103/2021, do 1 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2021/22
Recibíronse 3 suxestións para esta norma
Data de publicación no DOG: 09/07/2021 | Sanidade
Decreto 101/2021, do 8 de xullo, polo que se crea a Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia da Comunidade Autónoma de Galicia