Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais

Departamento: A Presidencia da Xunta - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Inicio da tramitación: 16/12/2020

Data da publicación no DOG: 20/09/2021

Obxecto:
  1.  Definir a estrutura do marco galego de competencias dixitais. O marco galego de competencias dixitais define os coñecementos, as habilidades e actitudes necesarias para o desenvolvemento dunha cultura dixital en todos os eidos da cidadanía e vén de ser a referencia descritiva sobre a que se sustenta a súa certificación e acreditación. Establécese unha especialización en función do colectivo destinatario: marco galego de competencias dixitais para a cidadanía, e para a persoa empregada pública, podendo posteriormente identificarse colectivos adicionais de especialización. O desenvolvemento concreto das dimensións e especializacións quedará recollido no documento actualizable “Bases para o desenvolvemento do Marco Galego de Competencias Dixitais”.
  2. Regular a certificación galega de competencias dixitais e establecer os requisitos, criterios e procedementos para a súa obtención. O certificado galego en competencias dixitais acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías no eido persoal, social e profesional. A certificación galega de competencias dixitais obterase mediante a superación dunha proba ou por outros medios homologados que acrediten os coñecementos.
  3. Regular o Rexistro de certificacións galegas de competencias dixitais e de entidades colaboradoras, o seu contido, funcionamento e acceso aos datos.
  4. Determinar os órganos da Administración da Xunta de Galicia con competencias na xestión operativa do marco galego de competencias dixitais e o certificado galego en competencias dixitais, recollendo especificamente a singularidade do marco no sistema educativo galego.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG