Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Consellería do Mar

Ten dispoñibles para consulta 7 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 19/09/2025 | Mar - Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Proxecto de orde pola que se regula a xestión dos excedentes procedentes do marisco obtido durante a actividade marisqueira

Recibiuse 1 suxestión para esta norma

Inicio da tramitación: 31/07/2025 | Mar - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de decreto polo que se regula o Estatuto das Mulleres do sector marítimo-pesqueiro de Galicia

Recibíronse 4 suxestións para esta norma