Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 27 de xullo de 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería do Mar - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 12/05/2023

Obxecto: modificar a Orde do 27 de xullo de 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de establecer unha marxe de tolerancia respecto ao peso mínimo de captura do polbo, debido á diminución que nel se produce como consecuencia da perda de auga unha vez capturado.

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 12/06/2023

Suxestións recibidas: 2