Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Inicio da tramitación: 10/07/2025

Obxecto:

o proxecto normativo ten por obxecto modificar o Decreto 5/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para incluír o palangre demersal ou semipeláxico dentro da clasificación dos distintos tipos de palangre contemplados na disposición, así como para establecer unha nova regulación do horario de traballo para o marisqueo a pé. Así mesmo, mediante a súa disposición derradeira primeira, modifícase a Orde do 26 de outubro de 2004 pola que se regula a alternancia de artes para embarcacións que faenan en augas da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de suprimir a obriga de actualizar o rexistro da actividade pesqueira cada tres meses, ao non supoñer unha mellora no desenvolvemento de tal actividade.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 15/10/2025

Suxestións recibidas: 5