Resolucións xudiciais firmes

Neste apartado dáse cumprimento á obriga prevista no artigo 9 b)  da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno que contempla a publicación dos textos das resolucións xudiciais firmes que afecten á vixencia ou interpretación das normas ditadas pola Administración pública competente.

Pode consultar as resolucións xudiciais firmes clasificadas por cada un dos departamentos da Xunta de Galicia: 

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

  • Pleno. Sentenza 87/2018, do 19 de xullo de 2018. Recurso de inconstitucionalidade 2311-2017. Interposto por máis de cincuenta deputados do Grupo Parlamentario Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea en relación con diversos preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación. Principio de interdición da arbitrariedade dos poderes públicos e tutela xudicial efectiva das disposicións normativas administrativas: constitucionalidade dos preceptos legais autonómicos que levan a cabo unha reordenación dos letrados do Consello Consultivo de Galicia.
  • Pleno. Sentenza 133/2017, de 16 de novembro de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 2845-2007. Interposto polo Presidente do Goberno respecto dos artigos 27 a 45 da Lei do Parlamento de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de Dereito civil de Galicia. Competencias sobre dereito civil: nulidade dos preceptos legais autonómicos que regulan a adopción e a autotutela. Votos particulares.
  • Pleno. Sentenza 62/2017, de 25 de maio de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 8260-2010. Interposto polo Presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 1/2010, de 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior. Competencias sobre colexios profesionais: nulidade dos preceptos legais autonómicos relativos aos criterios territoriais de colexiación, á colexiación de persoal estatutario ao servizo das Administracións públicas e ao visado colexial; interpretación conforme coa Constitución da previsión de existencia dun servizo colexial de visado a disposición de consumidores e usuarios.

Consellería de Economía, Industria e Innovación

  • Sentenza do Tribunal Constitucional, publicada no BOE do 23 de marzo de 2016 - Pleno. Sentenza 33/2016, do 18 de febreiro de 2016. Recurso de inconstitucionalidade 5458-2015. Interposto polo Presidente do Goberno en relación con varios preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Límites da potestade tributaria das Comunidades Autónomas, competencias sobre minas: nulidade do precepto legal autonómico relativo aos medios de comprobación de valores en tributos cedidos (STC 161/2012).

Consellería de Facenda e Administración Pública 

  • Sentenza do Tribunal Constitucional, publicada no BOE do 10 de marzo de 2017. Pleno. Sentenza 21/2017, do 2 de febreiro de 2017.  Recurso de inconstitucionalidade 5191-2016. Interposto polo Presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias sobre enerxía: nulidade dos preceptos legais autonómicos que regulan diversos aspectos da relación económica entre compañías distribuidoras e comercializadoras de electricidade e os consumidores (STC 18/2011).
  • Sentenza nº 701/2016 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso Administrativo -  Sección 1) do 22 de decembro de 2016.
  • Sentenza do Tribunal Constitucional, publicada no BOE do 23 de marzo de 2016 - Pleno. Sentenza 33/2016, do 18 de febreiro de 2016. Recurso de inconstitucionalidade 5458-2015. Interposto polo Presidente do Goberno en relación con varios preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Límites da potestade tributaria das Comunidades Autónomas, competencias sobre minas: nulidade do precepto legal autonómico relativo aos medios de comprobación de valores en tributos cedidos (STC 161/2012).
  • Sentenza do Tribunal Constitucional, publicada no BOE do 23 de maio de 2013 - Sala Segunda. Sentenza 91/2013, do 22 de abril de 2013. Cuestión de inconstitucionalidade 3296-2011. Exposta pola Sección Segunda da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respecto do artigo 64.4 a) da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008. Competencias sobre condicións básicas de igualdade e colexios profesionais: nulidade do precepto legal autonómico que limita, con criterios territoriais, a designación de profesionais colexiados como terceiro perito no procedemento de taxación pericial contraditoria.

Consellería de Sanidade

  • Pleno. Sentenza 117/2019, do 16 de outubro de 2019. Cuestión de inconstitucionalidade 2360-2019. Exposta polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense respecto do artigo 110.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Competencias en materia de función pública: constitucionalidade do precepto legal autonómico que regula as consecuencias económicas dos cambios de réxime de persoal que non implican a situación de excedencia.

Data de actualización: 15/01/2020

Resultoulle útil a información?