Proxecto de decreto polo que se regula a creación da rede de dinamización da cultura no rural de Galicia, Rede Adival, e se regula o seu funcionamento

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Cultura

Departamento: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura

Inicio da tramitación: 30/05/2025

Obxecto:

este decreto encádrase no contexto da nova Lei 3/2024 para dar cumprimento aos obxectivos, principios e liñas de actuación definidas. Preténdese potenciar a oferta e o acceso á cultura no rural de Galicia partindo dunha estratexia de cooperación e colaboración dos poderes públicos galegos con  entidades sen ánimo de lucro que desenvolven as súas actuacións no rural.

O obxecto do decreto é a creación da Rede de Dinamización da Cultura no Rural de Galicia, Rede Adival,  así como a regulación do seu funcionamento.

A Rede Adival concíbese como a estrutura de recursos organizada e coordinada pola consellería competente en materia de cultura, da que poderán formar parte as entidades culturais privadas sen ánimo de lucro, e ten como obxectivo dinamizar a actividade cultural no territorio rural de Galicia. Preténdese conectar ás entidades culturais e á Xunta de Galicia nunha rede de carácter voluntario que permita aumentar exponencialmente a oferta cultural de calidade no rural de Galicia.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 28/07/2025

Suxestións recibidas: 3