Proxecto de orde pola que se declara como espazo privado de interese natural o lugar denominado Macizo rochoso do Galiñeiro (Concello de Gondomar) e se aproban as súas Normas de xestión e de conservación

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Inicio da tramitación: 08/10/2025

Obxecto:

a orde ten por obxecto declarar o lugar denominado Macizo rochoso do Galiñeiro, na parroquia de Santa Mariña de Vincios (concello de Gondomar, Pontevedra), como Espazo Privado de Interese Natural (EPIN), unha vez constatadas as súas singularidades que o fan merecedor da protección dos seus valores naturais. Tamén ten por obxecto aprobar as súas Normas de xestión e de conservación, que constitúen o instrumento de planificación desta categoría de espazo natural protexido.

AVISO: o prazo para o envío de suxestións abre o 29 de outubro. 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 01/12/2025