Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Ten dispoñibles para consulta 3 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 28/09/2023 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de decreto polo que se aproba o plan de xestión da paisaxe protexida de Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos de Laxe e Vimianzo (provincia da Coruña)

Inicio da tramitación: 19/09/2023 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de xestión do Monumento Natural da serra de Pena Corneira, nos concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Avión (provincia de Ourense)

Inicio da tramitación: 22/06/2023 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica

Anteproxecto de lei do clima de Galicia

Recibíronse 16 suxestións para esta norma