Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de xestión do Monumento Natural da serra de Pena Corneira, nos concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Avión (provincia de Ourense)

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Departamento: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Inicio da tramitación: 19/09/2023

Obxecto:

A Serra de Pena Corneira declarouse Monumento Natural mediante o Decreto 264/2007, do 20 de decembro. O obxecto da norma é aprobar o instrumento de planificación deste espazo natural protexido. Con este decreto darase cumprimento ao establecido no artigo 59 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, que indica que os monumentos naturais contarán cun instrumento de planificación propio denominado Plan de xestión, no cal se establecerá o réxime de usos e actividades permisibles, así como as limitacións que se consideren necesarias para a conservación dos hábitats e das especies.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 30/10/2023