Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Consellería de Política Social e Igualdade

Ten dispoñibles para consulta 5 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 02/03/2026 | Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de orde pola que se modifica o módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia

Recibíronse 3 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 03/09/2025 | Consellería de Política Social e Igualdade - Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

Anteproxecto de lei de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital de Galicia

Recibíronse 4 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 01/09/2025 | Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de decreto polo que se regula o Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar de Galicia

Recibíronse 7 suxestións para esta norma