Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 15/05/2023
a Orde do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores, en vigor ao abeiro da disposición transitoria terceira do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, ten como finalidade garantir a adecuación das instalacións, a calidade na prestación dos servizos e unha asistencia axeitada ás necesidades e características das persoas usuarias. En particular, o apartado B) do punto 1 do anexo I establece os requisitos de persoal das residencias de persoas maiores.
Co obxecto de acadar unha mellor atención ás persoas usuarias dos centros residenciais de atención a persoas maiores, resulta necesario modificar a referida disposición e establecer unha ratio de persoal ATS ou DUE proporcional en función do grao de dependencia e o número de persoas usuarias.
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 04/07/2024
Suxestións recibidas: 15