Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral Técnica
Departamento:
Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 01/03/2024
Obxecto:
o obxecto da norma é o Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Esta orde regula o procedemento nun único acto de resolución do grao de dependencia e de aprobación do Programa individual de atención, e garante unha resposta máis rápida e eficaz á cidadanía recoñecendo na mesma resolución non só o dereito a un servizo senón unha prestación económica vinculada ao servizo mentres non se produza o acceso efectivo ao servizo solicitado, ou no seu caso, a prestación económica de coidados na contorna familiar, de maneira que se garanta unha axeitada resposta ás persoas en situación de dependencia.
Esta orde simplifica o procedemento e dá unha resposta máis rápida que garanta a atención ao dependente desde a resolución de recoñecemento da dependencia, engadindo a necesidade de que o órgano de valoración e asesoramento da dependencia escoite e teña en conta as preferencias da persoa dependente.
Estado actual:
Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións:
pechado desde
30/07/2024
Suxestións recibidas: 11