Decreto 66/2018, do 14 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 22/08/2017

Data da publicación no DOG: 26/06/2018

Obxecto: o decreto ten por obxecto modificar determinados aspectos contidos na Sección segunda  Capítulo II do Título II do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia así como o Anexo.

A modificación fundamentalmente persegue modificar a regulación do procedemento para a adxudicación das novas oficinas, que se seguirá a realizar por concurso público, aínda que con prazos máis axustados, e sobre todo, atendendo a un baremo que, respectando e tendo en conta os criterios que se recollen no artigo 19.4 da Lei 5/1999, do 21 de maio, como son a experiencia profesional, os méritos académicos, a formación de posgraduado, o coñecemento da lingua galega e as medidas de fomento, mantemento e creación de emprego, dea prioridade á experiencia profesional en oficina de farmacia como primeiro elemento valorable. Neste sentido, a modificación proxectada inclúe un novo baremo, o cal ven a substituír ao recollido no Anexo do Decreto 146/2001, do 7 de xuño.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 89