Consulta pública previa
Co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou regulamento, tramitarase unha consulta pública, a través deste apartado do portal, co obxecto de recoller a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativos potencialmente afectados pola futura norma.
En concreto, a consulta recollerá opinión acerca:
a) Dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
b) Da necesidade e oportunidade da súa aprobación
c) Dos obxectivos da norma
d) Das posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias