Mestre interino na Comunidade de Madrid desde 2001 ata 2004, ano no que ingresa como docente no corpo de funcionarios da Xunta de Galicia.
En 2011 acadou a alcaldía do Concello de Cenlle e desde entón ata o ano 2020 estivo á fronte desta compaxinándoa co seu traballo como mestre.
No 2020 renunciou ao seu cargo de alcalde para formar parte da candidatura do Partido Popular nas eleccións autonómicas, sendo parlamentario uns meses ata que foi nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense o 18 de setembro de 2020.