Códigos éticos ou de bo goberno

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno dispón que serán obxecto de publicidade os códigos éticos ou de bo goberno aprobados. Con data do 24 de xullo de 2014, por Acordo do Consello da Xunta de Galicia foi aprobado o Código ético institucional da Xunta de Galicia.

 

Dito Código ético establece os criterios básicos de conduta e responsabilidade profesional no funcionamento da Administración autonómica. Así mesmo, recolle as pautas, os criterios, as regras e as orientacións que se deben observar na actuación das autoridades e demais persoal ao servizo do sector público autonómico, así como a aplicación do réxime disciplinario e de responsabilidade que proceda.

Este código sintetiza dun xeito conciso e sinxelo as principais pautas básicas reguladoras que deben orientar e presidir as actuacións e o desempeño profesional no ámbito da Administración autonómica galega.

Para isto, marca parámetros de carácter obxectivo e xeral, incorpora compromisos reforzados e establece, ademais, criterios interpretativos para unha aplicación máis efectiva do ordenamento xurídico vixente e contribuír deste xeito a definir un modelo de conduta ética con plenas garantías de coherencia, transparencia e seguridade xurídica.

Data de actualización: 04/03/2016