Pablo Casal Espido

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN - Secretario xeral técnico

Pablo Casal Espido

Nado en 1977 na Coruña, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) e funcionario da Administración local e do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Durante a pasada lexislatura estivo vinculado á Consellería de Economía, Emprego e Industria: desde 2016 exerceu como secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e, desde xullo de 2019, como director xeral de Orientación e Promoción Laboral. Con anterioridade, tamén ocupou o cargo de xerente do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Entre outras responsabilidades, foi tamén secretario xeral do Concello de Burela (Lugo), secretario xeral do Consorcio para a xestión da rede básica de abastecemento de auga dos concellos de Cervo e Burela e secretario-interventor do Concello de Curtis (A Coruña).