Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Consellería de Economía e Industria

Ten dispoñibles para consulta 3 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 26/11/2024 | Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes

Recibíronse 3 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 31/05/2024 | Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Proxecto de orde pola que se establece o procedemento de regularización administrativa de instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial

Recibíronse 8 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 21/05/2024 | Consellería de Economía e Industria - Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Proxecto de decreto relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia

Recibíronse 3 suxestións para esta norma