Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Departamento: Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Inicio da tramitación: 26/11/2024

Obxecto:

a adaptación da normativa autonómica recollida no Decreto 70/2011, do 7 de abril, ás necesidades e estilos de vida actuais. Hoxe en día, en numerosos ámbitos, está normalizado o emprego de dispositivos móbiles debido aos beneficios e facilidades que ofrecen á cidadanía, coma no caso da banca e das aseguradoras. O emprego deste tipo de tecnoloxías non supón un detrimento da calidade no servizo recibido e permite simplificar as transaccións ás persoas usuarias.

Outro obxecto é garantir que o sistema de garantías responda ás necesidades do sector e dos/as consumidores/as, e que este sistema respecta os intereses de ambos axentes, así como da normativa que resulte de aplicación.

Por último, a adaptación do deseño das placas distintivas dos talleres permitirá a todas as persoas usuarias, residentes ou non na Comunidade Autónoma de Galicia, identificar as ramas de actividade e as especialidades do taller, de acordo cun modelo de placa distintiva único para todo o Estado.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 20/06/2025

Suxestións recibidas: 3