Fernando Guldrís Iglesias

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA - Director de XESGALICIA, SGEIC, S.A.U.

Fernando Guldrís Iglesias

Nado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1983. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA pola EAE Business School e pola Universidade Camilo José Cela e Master en Corporate Finance pola Universidade de Sevilla.

2017-Actualidade: XesGalicia. Director xeral.

2016-2017: XesGalicia. Director financeiro, encargado de supervisar a elaboración das contas anuais dos Fondos e Sociedades de Capital Risco xestionadas, así como as da propia sociedade, o seguimento da carteira de investimentos, a elaboración dos orzamentos anuais e a realización do reporting financeiro.

2013-2016: Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia). Asesor. Soporte en materias financeira e económica.

2012-2013: Zara España (Grupo Inditex). Controller Financeiro e de Xestión no Departamento de Planificación e Control. Responsabilidades na elaboración dos orzamentos anuais, reporting, estudo de novas aperturas e análise de custos.

2010-2012: Unión de Créditos Inmobiliarios (Banco Santander & BNP Paribas). Controller e Técnico de Planificación Financeira, formando parte do Programa de Desenvolvemento Directivo da entidade. Responsable do reporting a BNP Paribas, da elaboración dos orzamentos individuais e consolidados, da análise e o seguimento de desviacións e da creación de modelos de sensibilidade para Test de Estrés.

2009-2010: Universidade Carlos III de Madrid. Analista Financeiro e Researcher. Responsable do proxecto SONAR2, analizando as variables económicas e financeiras relevantes para a emisión de recomendacións de investimentos bursátiles.

2007-2008: Caixa Galicia. Asesor Financeiro.