Rafael Sánchez Bargiela

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO - Director Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Rafael Sánchez Bargiela

Naceu en 1961. Licenciado en Xeografía e Historia, na sección de Historia e coa especialidade de Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, está especializado en Arquivística e Biblioteconomía pola mesma universidade.

Funcionario de diversas administración públicas.

De 1989 a 2006 foi director do Museo, Biblioteca e Arquivo do Concello de Ponteareas.

De 2006 a 2014 foi técnico de arquivo, biblioteca e museo do Concello de Tui.

Foi profesor titor da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Pontevedra entre os anos 2011-2014.

Autor dunha decena de libros sobres temas de historia e patrimonio, centrados en varias localidades galegas; así como de numerosos artigos publicados en revistas de estudios e investigación e de innumerables artigos na prensa diaria centrados en temática local, sempre desde unha perspectiva de historia e cultura.

Ten participado en varios proxectos de investigación en materia de museos e patrimonio. Dirixiu un programa de intercambio de experiencias en materia de turismo e patrimonio con varios municipios de España, Grecia, Dinamarca e Reino Unido financiado pola Unión Europea (1993-1994).

Dende 28 de xaneiro de 2014 é director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.