Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Ten dispoñibles para consulta 2 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 25/05/2021  | Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 17/11/2020  | Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Proxecto de decreto polo que se establecen os procedementos de elaboración e rexistro dos Plans de Autoprotección (PAU) e se aproba o catálogo de actividades e de centros obrigados a adoptar medidas de autoprotección

Recibíronse 7 suxestións para esta norma