Proxecto de decreto polo que se determinan as actuacións dirixidas a reducir e evitar a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Inicio da tramitación: 30/06/2026

Obxecto:

o obxecto deste Decreto é a determinación das actuacións dirixidas a reducir e evitar a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia. En particular, ten por obxecto determinar o procedemento aplicable na comunidade autónoma para a designación das zonas vulnerables, a elaboración dos códigos de boas prácticas agrarias e dos programas de actuación, no marco establecido polo Real decreto 47/2022, do 18 de xaneiro, sobre  protección das augas contra a contaminación difusa producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 03/09/2026

Suxestións recibidas: 40