Proxecto de orde pola que se establece o procedemento de regularización administrativa de instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Departamento: Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Inicio da tramitación: 31/05/2024

Obxecto:

o obxecto da norma é establecer o procedemento de regularización administrativa de instalacións sometidas á normativa de seguridade industrial situadas no ámbito territorial da comunidade autónoma de Galicia que, por motivos de antigüidade, destrución de arquivos, causas de forza maior, erros de inscrición, traspasos de activos entre empresas ou cambios de titularidade non comunicados, non consten inscritas no correspondente rexistro preceptivo da consellería competente en materia de industria, coa correspondente documentación que serviu para acreditar a súa posta en servizo ou comunicar as ampliacións, modificacións ou reformas posteriores a ela, e non estean suxeitas a un procedemento específico de regularización segundo a normativa aplicable.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 18/06/2026

Suxestións recibidas: 8